A selección masculina de hóckey sobre xeo de Finlandia, alcumados leijonat (en galego leóns) é o equipo que representa a Finlandia nas competicións internacionais de hóckey sobre xeo. En 2013, a IIHF publicou a clasificación mundial de seleccións, na que Finlandia ocupou o segundo posto por detrás da selección de Suecia. Finlandia é considerada como un dos "Big Seven", xunto con Canadá, a República Checa, Rusia, Eslovaquia, Suecia e os Estados Unidos.
O último título mundial conseguido polo combinado finlandés chegou o 26 de maio de 2019 cando se alzou co Campionato do Mundo tras derrotar na final do campionato, celebrada en Bratislava (Eslovaquia) ao combinado canadense por 1 gol a 3. En 2022 proclamouse campioa olímpica por primeira vez na súa historia logo de derrotar a Rusia na final por 2-1.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
---|
|
Competicións e equipos masculinos | |
---|
Competicións e equipos femininos | |
---|
Antigas competicións | |
---|